Achégase o listado actualizado a 12 de outubro das solicitudes de participación do iCOR. Inclúese tamén o listado de admitidos no Laboratorio “Ensanche da Ramella” así como certas aclaracións sobre o proceso.
En canto a selección dos participantes no Laboratorio “Ensanche da Ramella”, tívose en conta a condición de arquitectos colexiados con menos de 10 anos de titulación como prioridade. A partires desa condición inicial completarase o listado de admitidos ata completar o cupo seguindo a orde de rexistro e tendo en conta que será obrigatoria a titulación de arquitecto.
Por tal motivo, prégase os pendentes de admisión que acrediten dita condición mediante a remisión da documentación por correo electrónico á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou coa presentación física da mesma na Delegación de Lugo do COAG o xoves 13 de outubro.
No tocante a aqueles casos nos que non se ten a condición de colexiado, e se pretenda acceder ó Laboratorio existirán dúas opcións. A colexiación do interesado, e consecuentemente será eximido do pago da matrícula no Seminario Completo, ou a non colexiación. Neste último caso, non se subvencionará a súa presenza no Seminario completo, sendo obrigatorio o seu pago polo solicitante.
O listado de admitidos no Laboratorio é o seguinte:
- Mª José Zelada Tomé.
- Roque Álvarez Arosa.
- Belén López Gallego.
- Gianfranco Olivieri.
- Uxío Fernández Viñas.
- María Melero Lorenzo.
- María Fernández Pernás.
- José Antonio Valiño Alonso
- Mónica Folgueira Cobas.
- María del Pilar Salvador Potente.
Recórdase, tamén os admitidos no Laboratorio, que aqueles que se inscribiran no Completo Plus, non pagarán o custe de matriculación do Seminario, pero deberán ingresar o custe do Workshop.
O listado de suplentes que optarán a súa inclusión no listado de admitidos, previa acreditación da súa titulación será, por orde de rexistro de entrada:
- María del Pilar Sande López.
Recórdase que segue aberto o prazo para todos aqueles interesados en participar no iCOR, nas súas distintas opcións.