Esta semana celebraranse os relatorios do Profesor D. Mario Bisson sobre a Cor e Espazo Urbano, dentro do Seminario Internacional iCOR. Está aberto o prazo de matriculación para asistir.
O lugar de celebración é o salón de actos do Centro de empresas e innovación do Concello de Lugo CEI-NODUS,e inclúese no precio das ponencias o servizo de traducción simultánea. A dirección é Avda. da Coruña 490, Lugo.
Para inscribirse será necesario enviar un correo electrónico á dirección: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou presentar a devandita solicitude na Delegación de Lugo do COAG.
A documentación necesaria para este Seminario inclúese no seguinte enlace: blog iCOR Documentos.
Prof. D. Mario Bisson
Responsable científico do laboratorio da cor de INDACO. Politécnico de Milán.
Os días 28/10/2011 (16 a 20 horas) e 29/10/2011 (10 a 14 horas) o Profesor Mario Bisson, impartirá a sua ponencia sobre a Cor e espazo urbano.
O programa a desenvolver será:
Valoración do espazo urbano. Cualificación e recualificación do espazo público.
Metodoloxía de proxectación da cor.
O plan de cor como instrumento de identidade do territorio.
A problemática da xestión da cor sobre o territorio.
A comunicación urbana.
Aspectos ergonómicos e funcionais da cor.
Aspectos culturais da cor.
Color trend.