Conferencia de Mónica Alonso.

Como actividade paralela ó Seminario iCOR, Dª. Monica Alonso. Doutora en Belas Artes e Artista plástica o vindeiro xoves 3 de novembro, as 20:00 desenvolverá unha ponencia co título: As Cualidades Psicolóxicas das cores.

Dita actividade é de carácter gratuíto e aberta a tódos os interesados no tema.

MONICA ALONSO: AS CUALIDADES PSICOLOXICAS DAS CORES.

A creación artística de Mónica Alonso estivo sempre proxima á arquitectura, as súas maquetas de Espazos Terapéuticos amosan arquitecturas deseñadas para o efecto terapéutico. Mónica non só nos presenta os espazos, senón tamén unhas instruccións de uso como productos. O seu primeiro Espazo con estas características son os Dormitorios Terapéuticos 1999.

A cor é algo fundamental na obra da artista. Comeza co uso de cores puras para pasar a establecer as que ela considera cualidades psicolóxicas das cores: Cor de Carne Triste, Carne Ruborosa, Azul activo, etc. Aplica as súas teorías a pezas artisticas pero tamén arquitectónicas. Desta segunda parte é do que tratará a conferencia: a presentación dos proxecto realizados por Mónica Alonso no ámbito da arquitectura. A súa primeira colaboración en 2001 co Instituto Metápolis no proxecto Media House, Barcelona. Colaboración cos arquitectos Carlos Quintáns e Pablo Gallego no proxecto comunidade azul-comunidade verde, para a 8 Bienal de Venecia de Arquitectura, 2002. Establecemento dunha gama cromatica para o Centro de día en Maceda, Ourense co  equipo  Trespes arquitectos, 2009. Terapia Habitación de Hospital, proxecto que se está a desenvolver no Hospital Clínico de Santiago, promovido pola asociación Sen Marco e coa coordinación do Centro Galego de Arte Contemporánea. Establecemento da cor propicia para a actividade física, a aplicar no ximnasio do colexio de Chancelas en Pontevedra.

Mónica Alonso presentará na charla estes proxectos de colaboración directa coa disciplina arquitectónica.

Deixa o teu comentario