Workshop iCOR

Profesores: Mario Bisson, Cristina Boeri, Valentina Vezzani.

Laboratorio Colore, Dipartimento Indaco, Politecnico di Milano.

Desenvolverase en 3 días, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de novembro cunha duración total de 24 horas, 8 diarias.

Entender como utilizar do mellor xeito posible a cor é un tema central, non só para os artistas senón tamén os arquitectos, os deseñadores e en xeral os proxectistas, que aínda que traballan de maneira habitual o cromatismo, a miúdo teñen un coñecemento pouco preciso dos aspectos psico-físico-perceptivos que van unidos á utilización da cor.

Engadir que o éxito dun proxecto pode depender dunha elección correcta da cor e da capacidade de inserirse positivamente no ambiente construído: particularmente na cidade e nun modo máis xeral na paisaxe urbana.

A finalidade do curso é transmitir teóricamente un coñecemento básico da cor e os aspectos que van unidos á súa percepción, partindo dunha proposta cromática eficaz para chegar a profundizar nos aspectos metodolóxicos e instrumentais, que van en estreita unión co proxecto da cor.

Particularmente profundizarase no tema dos Plans de Cor e da cualificación/recualificación da cidade, a través da valorización das súas cores e da súa imaxe cromática.

O workshop está articulado en sesións teóricas e talleres prácticos.

Programa
Primeiro Día

Maña: Cor e percepción; con intrínsico e cor percibida, a compoñente cromática no proxecto

Tarde: Individualizar o caso obxecto de estudo sobre o cal operar e organizar as fases do proxecto, relevos fotográficos e cromáticos.

Segundo Día

Maña: Planificación da cor urbana, planos da cor, significado da cor na cidade contemporánea.

Tarde: Elaboración de hipóteses proxectuais de intervención crómatica sobre o caso de estudo individualizado

Terceiro Día

Maña: Síntese do traballo e preparación da presentación.

Tarde: Presentación e debate dos traballos presentados.

Deixa o teu comentario