Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
30/01/2009 | Jornadas
FORO ABERTO SOBRE O FERROCARRIL NA PROVINCIA DE LUGO. XANEIRO 2009.
Conclusións para partir.
Grandes Vantaxes do transporte público no Ferrocarril:
1.- A súa grande capacidade vertebradora do territorio no transporte de proximidade, na media e na longa distancia, pola introdución no territorio do tempo certo (efectivo, seguro e real) como medida dos traslados, no canto da distancia. O FERROCARRIL ACHEGA.
2.- Ocupa menos territorio (e polo tanto menos país) que outras vías. Intensivo versus extensivo.
3.- Produce menor contaminación atmosférica e ambiental que outro transporte e os seus lixos e residuos son mais controlables.
4.- Ofrece unha maior seguridade na viaxe e unha mellor efectividade.Menos acidentabilidade e mais fiabilidade para superar atrancos climatolóxicos ou de otro tipo. Comparese coa problemática xerada nas autoestradas coas recentes nevadas
5.- Xera espazos de relación, propios e periféricos, que catalizan todo tipo de relacións humanas e sociais saudables.
6.- É mais económico porque unha locomotora pode transportar varios vagóns e pode combinar o transporte de mercadorías co de viaxeiros.
A conclusión fundamental é a necesidade imperiosa que ten Lugo e a súa Mariña de non seguir alleos por ferrocarril ó resto da Galicia e do Mundo.
Lugo e a sua provincia, corren o perigo de ficar como uma bolsa incomunicada (“cul de sac”) desarticulada do resto de Galiza e do Mundo.
Daquela, fáisenos Esixible e Vital:
1.- Unha liña Lugo-Aeroporto de Lavacolla-Santiago.
2.- Unha liña Lugo-A Mariña.
Estas dúas liñas poñen en conexión a Galicia Atlántica coa Interior e a Cantábrica.
Abren a conexión de Galicia con Europa a través dun ferrocarril transcantábrico.
Conectan a Galicia Interior e Cantábrica con Portugal.
3.- A total electrificación das liñas férreas
4.- O impulso dos trens de proximidade cos recursos xa existentes.
5.- Unha maior atención ao transporte de mercadorías compatibilizándoo co de pasaxeiros.
E para os Primeiros Pasos:
1.- Creación dunha plataforma fáctica integrada por tódolos sectores con peso social e con capacidade de actuar (comerciantes, empresarios, asociacións veciñais, sociais e culturais, intelectuais, estrategas, académicos....), que sexa capaz de concienciar da efectividade do hábito do uso do tren e demandar actuacións da Administración para o seu desenrolo.
2.- E, paralelamente, a creación dun Ente Galego de Xestión que teña autoridade para esixir ante o Goberno Central e que se aprovisione de fondos en vista da desaparición das subvencións europeas a partir de 2013.
A MODERNIDADE en Lugo (si, aquela cousa) entrou aquí polo Ferrocarril, e , agora, non podemos tolerar volver quedar afastados do Mundo.