Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/02/2012 | Celebraciones

GALA XIV PREMIOS COAG Y HOMENAJE A LOS ARQUITECTOS CON 50 AÑOS DE COLEGIACIÓN

El pasado 31 de enero a las 20:00 horas, se celebró la gala de entrega de los XIV PREMIOS COAG DE ARQUITECTURA Y HOMENAJE A LOS COMPAÑEROS QUE CUMPLEN CINCUENTA AÑOS DE COLEGIACIÓN.

A gala foi conducida, por Moncho Borrajo (Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, por acordo da Xunta Xeral Extraordinaria de 15 de marzo de 2002), e tivo lugar no Auditorio Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (rúa do Preguntoiro, 23).

DESENROLO DA GALA

BLOQUE A. PRESENTACIÓN

- Presentación inicial (historia do PREMIO COAG DE ARQUITECTURA).
- Benvida do Sr. Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- Lectura dun resumo da acta do Xurado do XIV PREMIO COAG DE ARQUITECTURA.

BLOQUE B. ENTREGA DE PREMIOS.

1. Presentación da categoría “OBRA PRIMEIRA”.
2. Presentación da categoría “BAIXO CUSTE”.
3. Presentación da categoría “OBRA EFÍMERA”.
4. Presentación da categoría “ESPACIOS ABERTOS”.
5. Presentación da categoría “INTERIORISMO”.
6. Presentación da categoría “PLANEAMENTO”.
7. Presentación da categoría “REHABILITACIÓN”.
8. Presentación da categoría “NOVA PLANTA”.

BLOQUE C. HOMENAXE AOS ARQUITECTOS QUE CUMPREN 50 ANOS DE COLEXIACIÓN.

Non asisten todos os homenaxeados pero no tocante ós colexiados da delegación de Lugo recibe este homenaxe D. Gerardo García-Boente Fernández, acompañado da súa familia entre os que se atopan os seus fillos tamén arquitectos colexiados desta delegación.

Reiteramos a felicitación de tódolos compañeiros de Lugo manifestada no acto polo Presidente da delegación en nome de todo o colectivo.

BLOQUE E. PECHE DA GALA

-Despedida e agradecementos do Sr. Decano. Recordatorio a Isaac Díaz Pardo (Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, por acordo da Xunta Xeral Ordinaria de 25 de maio de 2001)