Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/04/2016 | Convocatorias

OBRADOIRO DIRECTRICES DA PAISAXE. MONDOÑEDO e RIBADEO

Desde o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia informan da segunda fase do PROCESO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ na elaboración da Estrategia da Paisaje de Galicia e, en concreto, convidar-nos a asistir o sábado día 2 de abril aos obradoiros de participación cidadá para a definición das Directrices da Paisaxe de Galicia referido á Grande Área Paisaxística da Mariña-Baixo Eo que terán lugar en:

-Obradoiro en MONDOÑEDO, o sábado 2 de abril, ás 11:00 h. no Centro Comarcal A Mariña Central en Mondoñedo (Rúa Julia Prado Montenegro s/n) relativo á Grande Área Paixaxística A Mariña-Baixo Eo, Comarca Paisaxística Mariña-Baixo Eo interior.


>Os concellos convocados nesta Área-Comarca son os de: Mondoñedo, Alfoz, A Pontenova, Riotorto, Ferreira de Valadouro e Vilanova de Lourenzá.

-Obradoiro en RIBADEO, o sábado 2 de abril ás 11:00 h. na Aula de Informática CeMIT-Ribadeo (Casa da Xuventude - Rúa Antonio Otero, 15 - 2º - Ribadeo), Grande Área Paixaxística A Mariña-Baixo Eo, Comarca Paisaxística Mariña-Baixo Eo litoral.

>Os concellos convocados nesta Área-Comarca son os de: Ribadeo, Foz, Burela, Cervo, Xove e Barreiros.


As sesións son moi dinámicas e nunha hora pódese aceder aos contidos e facer a aportación que corresponda; logo, poden completalas dende calquera terminal de ordenador pois facilitarase o mecanismo e clave para facelo.

Agradecen a participación e colaboración na difusión nos ámbitos de interese, referencia e relación próximos de nos e entre os colexiados: a construción cultural da paisaxe baséase nas experiencias e memorias propia e colectiva: cara a valoración, conservación, transmisión, xestión e intervención de/na paisaxe importa a colaboración de todos.


AS DIRECTRICES DA PAISAXE
Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu resultado a un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible nesta ligazón).
 
Para mais infromación relacionada coas Estratexias de Paisxe de Galicia poderá consultar a web http://somospaisaxe.org/

Para a participación nos diferentes obradoiros estase a realizar un convite a diferentes persoas e entidades, o cal agradecemos se difunda e faga extensivo a quen  teña interese en tomar parte nos mesmos.

Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 617 197 417 (Xabier), 982 25 08 11 e 609 43 08 43 (Manuel).

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario