Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
20/12/2019 | Noticias
Avento Consultores Inmobiliarios e Proyfe xunto co Concello de Lugo está a desenvolver o futuro barrio multiecológico.
O novo barrio, que se desenvolverá en dous sectores na zona da Garaballa, busca asegurar unha estratexia territorial integrada, garantir a inclusión e a equidade social e interxeracional e conformar unha oferta de vivenda para todos, así como promover a saúde e o benestar. Pero tamén estimular o crecemento da economía verde e circular, comezando por impulsar o sector madeireiro usando a madeira como elemento estrutural da construción, fomentar a produción e consumo sustentables e mitigar o cambio climático.
Consideramos fundamental coñecer a opinión dos membros do COAG de Lugo sobre o devandito proxecto así como a súa opinión sobre a incidencia do cambio climático na contorna urbana. Para iso elaboramos unha enquisa (Se adxunta link en galego ) e as respostas serán tratadas de forma anónima, absolutamente confidencial e a efectos puramente estatísticos.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.