Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/05/2021 | Noticias

Invitación á participación na elaboración dunha nova Ordenanza no Concello de Lugo

Desde a tenencia de alcaldía do noso concello de Lugo comunícasenos que a Área de Sostibilidade Urbana vén de impulsar a tramitación dunha nova ordenanza reguladora dos títulos habilitantes para obras e actividades no Excmo. Concello de Lugo.

 

Co espírito de enriquecer a base sobre a que elaborar o texto normativo e coa sensibilidade que como institución queren ter coas nosas necesidades convídannos a realizar aquelas aportacións que consideremos, no periodo de consulta pública que vén de abrirse por un prazo de 15 días dende a súa publicación.

 

Engaden desde o concello que a medida, xunto á ordenación previa do persoal, “será clave e imprescindible” para incrementar a eficacia da institución, e que até a data, os diferentes servizos que integran a área “están a basear as decisións técnicas que se adoptan en leis de rango superior sen que, na actualidade, exista unha regulación integral que dea cobertura á necesidade de homoxeneizalas, concertándoas ademais coa ordenación urbanística e sectorial e coa casuística local; o que pon de manifesto a conveniencia dunha revisión en profundidade que, por unha parte, permita a adecuación ás novas disposicións legais - resultado da destacable actividade lexislativa dos últimos anos en materia urbanística, medioambiental e de procedemento administrativo - e que, pola outra, propicie a axilización dos procedementos, mellorando o funcionamento municipal e diminuíndo os tempos de resposta ás solicitudes das persoas interesadas”

 

Así pois, recollendo esta invitación, desde esta xunta directiva da delegación en Lugo do Coag convócase aos seus colexiados para achegar canta proposta estímese, á dirección xd.lugo@coag.es ata o martes 18 de maio ás 14:00 horas, e do mesmo xeito convocar unha reunión aos colexiados interesados para o día xoves 20 de maio ás 19:30 horas para a posta en común das nosas propostas nun documento único.

 

máis información aquí.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario