Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
02/09/2021 | Noticias
DMA 2021
Día Mundial da Arquitectura 2021
En ocasión da celebración da xornada mundial da arquitectura, a delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, xunto á asociación Ludantia Arquitectura e Educación, propón un taller de arquitectura educativa para nenas e nenos de entre 4 e 14 anos.
O obxectivo deste evento é visibilizar o potencial didáctico da arquitectura como ferramenta para favorecer o desenvolvemento dunha conciencia crítica sobre a calidade do espazo construído. Todos os participantes poderán experimentar con materiais modulares traballando de forma grupal.
Trátase dunha aprendizaxe lúdica pensada para a infancia e as familias, pero apto para todas as idades.
Celebrarase o luns 4 de outubro no espazo exteriro cuberto da nosa delegación en Rúa Puro Cora Xornalista, 1, en horario a partir das 17:00 h.
A inscrición é gratuíta AQUI
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.