Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/10/2022 | Xornadas

TÁBOA REDONDA. PRESENTE, PASADO E FUTURO DO BARIO DO CARME

TÁBOA REDONDA

 

PRESENTE, PASADO E FUTURO DO BARIO DO CARMEN

O Carmen: Causa e consecuencia da evolución urban da ciudade de Lugo

 

O día 13 de Outubro a delegación do COAG en Lugo presentará, no salón de actos da Deputación e ás 20 horas, unha mesa debate sobre as circunstancias que afloran ao falar do barrio do Carmen de Lugo, de gran interese no crecemento e desenvolvemento dese importante pero delicada área urbana.

 

A idea é partir dunha revisión sobre o Barrio do Carme partindo da tese do noso colexiado o arquiteco Ramón Cabarcos.

 Posteriormente abrirase un faladoiro entre a periodista Marta Veiga Izaguirre, o tamén arquitecto Alberto Alonso Oro, docente e director da revista de divulgación de arquitectura VEREDES, e o propio Ramón Cabarcos, coa presidenta de delegación do Coag en Lugo, Carmen Figueiras coma moderadora.

Marta Veiga ten unha bagaxe intelectual sobre Lugo e provincia amplísimo e creemos que aportará moitos datos sobre a "xenealoxía" do Barrio e da propia cidade dende un contexto histórico e sociolóxico.

 Alberto Alonso ten pensado falar dun xeito de intervir, de facer, de xestión dende outras experiencias coñecidas e que poden ter lugar nun contexto coma o de Lugo.

Posteriormente abrirase un turno de preguntas no que a xente poida preguntar, poida participar e que sexa un faladoiro aberto a todas.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario