Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/11/2022 | Noticias

HNA: CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A COMPROMISARIO DEMARCACIÓN DE LUGO.

HNA: CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A COMPROMISARIO

DEMARCACIÓN DE LUGO.

 

Sen outra publicidade que unha nota colgada na área Privada da web da HNA, cuxo modelo se adxunta con este correo, trasladámosvos que se convocan Eleccións de Compromisario nesta demarcación, e que terán lugar este xoves 17 de novembro de 2022 de 10:00 a 14:00 horas, en Lugo, no HOTEL FORUM CEAO, Rúa Dous Canteiros, s/n; convocatoria da que esta Xunta Directiva de Lugo tivo noticia no día de hoxe.

 

Moitos dos nosos colexiados no COAG na delegación de Lugo somos mutualistas desta entidade, onde temos o noso seguro de previsión e algúns produtos de aforro.

 

Dado pois o interese da devandita convocatoria para asegurar a nosa representatividade, e ante as noticias que adiantan que algún candidato non pertence ao noso colectivo profesional, achegamos a carta aberta que nos envía o noso actual representante ou compromisario, o compañeiro colexiado X. Lois López Otero, urxíndonos a participar.

 

Lamentamos a falta de transparencia desta entidade, pois non se nos comunicou fidedignamente nin en forma nin en tempo, nin que candidatos preséntanse, polo que os que somos mutualistas consideramos limitada e condicionada a nosa capacidade como electores.

 

 

Xunta directiva do Coag de Lugo.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario