Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/03/2012 | Noticias

BMC MADERAS. PROXECTO RED DE ARQUITECTURA

Dende BMC Maderas puxeron en marcha o proxecto REDE de Arquitectura para Arquitectos que responde ás liñas xerais que achegan.

Por diversas razóns aínda non teñen ningún membro en Lugo, e por iso póñense en contacto connosco co fin de difundir ésto entre os colexiados o convite a integrarse neste proxecto, enviando o curriculum á seguinte dirección: info@bmcmaderas.es.

O proxecto empresarial Arquitectura para Arquitectos esta baseado na creación dun equipo de Arquitectos Altamente Especializados no coñecemento global dos Produtos Industriais de Madeira.

BMC Maderas, co seu equipo técnico e apoiado polos departamentos técnicos das empresas coas que mantén alianzas estratéxicas (empresas de referencia mundial en cada ámbito de actividade), achega a formación deste equipo e apoia a resolución de consultas técnicas ou económicas que se formulan.

Xeograficamente a REDE ten vocación de cubrir todo o territorio español, iniciando xa a súa expansión por Portugal. En cada provincia haberá un responsable da REDE.

A gama de produtos industriais pretende ser global, selectiva e homoxénea, abranguendo:
- Produtos: Pavimentos, Carpintaría Interior e Exterior, Escaleiras, Revestimentos Decorativos e Técnicos, Interiores e Exteriores, Equipamento, Tabiques Móbiles, etc...
- Ambito operativo: Hoteis, Vivendas de Luxo, Edificios Representativos, Area de Seguridad Pasiva, etc...

Os arquitectos membros da REDE, cunha formación especializada, pretende achegar o seu coñecemento cualificado a aqueles proxectos nos que a complexidade técnica, esixencias específicas ou altos requirimentos de calidade xustifique a intervención de especialistas que garantan un proxecto completo, actualizado e innovador e cun rigoroso control económico, posibilitando finalmente unha dirección de obra amigable, sen ambigüidades que conduzan á confrontación e sangría económica á dirección técnica.

www.bmcmaderas.es