Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

03/03/2012 | Noticias

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. 80 ANIVERSARIO

O pasado martes cumpríronse 80 anos da creación do Museo Provincial de Lugo, acordada en sesión da Diputación Provincial do 29 de febreiro de 1932.

Foi, xa que logo, unha corporación dos tempos da República a que levou adiante esta vontade de creación do museo co obsecto de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense. Este acordo materializouse o 10 de xaneiro de 1934 coa apertura na ala sur do Pazo de San Marcos de diversas salas.

Formaban parte da Corporación Provincial que tomou o acordo de creación do Museo Provincial as seguintes persoas:

- D. Daniel Vázquez Campo.

- D. José Rodríguez López.

- D. Juan Tizón Herreros.

- D. Carlos Vázquez Fernández-Pimentel.

- D. Victorino Castro Ves.

- D José López Santos.

- D. José Rodríguez Ferreiro.

- D. Salustiano Carro Crespo.

- Secretario: D. Antonio Millán y Millán.


Por este motivo, a Xunta Directiva da Delegación de Lugo decidiu remitir unha carta de felicitación no nome de tódolos colexiados de Lugo.

A continuación incorporamos o texto literal que adxuntamos ademáis nesta entrada.


Estimada Directora do Museo Provincial de Lugo,

Dna. Aurelia Balseiro García

A Xunta Directiva da Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, desexa transmitirlle a felicitación, polos Oitenta anos que o Museo Provincial de Lugo ven de conmemorar o pasado 29 de febreiro.

Un pobo será tan forte como o respeto que pola súa cultura teña. Deste xeito, o traballo desenvolvido polo Museo Provincial de Lugo, dende aquel 29 de febreiro de 1932, serviu e servirá para numerosas xeracións de lucenses que nacimos, crecimos e formámonos, nas Salas desa noble institución.

Permitímonos recoller algunhas verbas escritas no seu acto de constitución: "Se crea por la Excelentísima Diputación un Museo de carácter provincial, que se instalará en una de sus dependencias, y en la cual no sólo serán expuestos y catalogados los objetos de mérito antiguo, sino también cuantas obras de arte moderno fueran dignas de que figure en el mismo."

Todas as actividades que o longo destas oito décadas tódolos lucenses tivemos o pracer de disfrutar, e que nos serven para medrar e mellorar como persoas coa nosa cultura e patrimonio propio.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, de modo xeral, na súa Delegación de Lugo, e en nome de tódolos arquitectos colexiados de Lugo, á quen como Xunta Directiva representamos entendemos que a cultura debe ser un dos motores principáis de crecemento como sociedade, e polo tanto felicitámonos por dispor de entidades como é o Museo Provincial de Lugo.

Atentamente,

Xunta Directiva de Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.