Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/03/2012 | Noticias

COAG. INFORME EVOLUCIÓN VISADO E ESTADO URBANÍSTICO BISBARRAS E CONCELLOS DE GALICIA

O Decano do COAG presentou onte en Santiago o Informe anual sobre o Visado e Estado urbanístico das Bisbarras e Concello de Galicia.

Vivenda en stock.-

A derradeira publicación do Ministerio de Fomento da enquisa anual de vivendas en stock, puxo o foco de atención no stock deste produto inmobiliario tan ligado á crise económica actual. Segundo esta fonte, o pasado 2010 cerrouse con 687.523 vivendas á espera de comprador. Trátase dun descenso no número de inmobles en venta, pero esta baixada é pouco significativa pois non alcanza o 2%.

No caso de Galicia trátanse de 39.268 vivendas. E na provincia de Lugo, de 5.035.

Estatísticas de vivendas visadas.-

O interese dos datos recollidos polo Colexio de Arquitectos de Galicia está en que poden anticipar a actividade construtiva que se poda realizar nun futuro inmediato, posto que representan o número de vivendas que en uns meses se poderán executar “exnovo” ou rehabilitar pormenorizadamente, nos diferentes concellos galegos, logo de conseguir a necesaria licenza municipal de obras.

Cabe destacar que esta análise estatística vense facendo polo Colexio de Arquitectos de Galicia dende hai máis de sete anos, e comprende dende o ano 2000 ate a actualidade, é dicir doce anos.

Á vista dos datos contidos nas táboas finais deste informe, podemos dicir que a actividade de visado colexial segue a rexistrar valores mínimos, pois o sobrante de vivendas en venta aínda pendente de vender, conxuntamente coa situación de contracción do crédito debido á crise económica, non anima aos inversores a promover novas actuacións de vivenda colectiva, verdadeiro motor da economía desde sector.

Atopámonos nunha situación de estancamento xeneralizada, sendo necesario facer balance das actuacións pretéritas. A crise económica, a desconfianza nos mercados e a falta de liquidez fan que este período de latexo se estea prolongando máis aló do desexable. Como exemplo disto, podemos dicir que no mes de decembro de 2011 rexistrouse un mínimo histórico en doce anos, con só 203 vivendas visadas.

O gráfico semestral reflexa os número de vivendas visadas, que para o primeiro e segundo semestre de 2011 son de 2.312 e de 2.375 vivendas, respectivamente. Neste sentido, axúdanos a obter unha imaxe nítida do que está a acontecer, pois a recuperación parece difícil. Todo indica que estamos inmersos nun ciclo de peche na expansión ilimitada das nosas cidades, oportunidade que entendemos debe ser tida en conta para realizar operacións de remate das pezas urbanas, e de realización das unidades de execución con maior interese xeral, e de necesaria rehabilitación das zoas degradadas e do parque edificado...

EL PAIS (14.03.2011)_"El visado de viviendas “toca fondo" con una caída del 90% en cinco años"