Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
17/03/2012 | Biblioteca
Dentro da colección de publicacións a Fundación Caixa de Arquitectos pon a disposición dos interesados diferentes publicacións de interese para o colectivo, nesta ocasión trátase do libro de Luis Moreno Mansilla, "Apuntamentos de viaxe ao interior do tempo".
Arredor dunhas ruínas e unhas paisaxes italianas case sempre inmutables, observando as notas, fotografías e apuntamentos que deixa o rastro da viaxe, a contigüidade das imaxes intenta imaxinar como as distintas formas en que algúns arquitectos representan o que nos rodea son unha declaración de intencións sobre a súa posición ante a cultura, o observador e a natureza.
A materia é inerte e muda, pero ao rabuñala, ao rozar coa vida, ao cambiala de sitio, xa non só mostra o que é, senón tamén o que quixera ser, a súa vocación e os seus afáns. Unha vocación que necesariamente expresa (e oculta) un entendemento do mundo. Un entendemento que pode ser visto case en termos físicos...Frente á testana determinación da natureza, o home e a muller sublévanse á busca dun espazo mental propio, presidido pola liberdade: liberdade para situarse ante un mundo (imaxinando que pode ser modificado) e unha cultura (imaxinando que pode ser entendido). Un espazo, pois, animado polo potencial das cousas, coma se no noso modo de xacer no mundo puidésemos reivindicar o posible, aquilo que pode ser feito, fronte ao sentimento que nos transmite a distancia da vida. Luis M. Mansilla.
Apuntes de viaje al interior del tiempo