Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/03/2012 | Convocatorias

ABERTA A INSCRICIÓN DA CONVOCATORIA "ARQUITECTURA EN POSITIVO"

Xa está dispoñible, ata o día 10 de abril, o formulario de inscrición da Convocatoria Arquitectura en Positivo. Esta convocatoria, organizada polo CSCAE en colaboración con VETECO e IFEMA quere ofrecer un panorama alentador da arquitectura e a actividade dos arquitectos. Demostrar que os arquitectos, a pesar da crise, teñen unha actitude positiva e propositiva e continúan desenvolvendo propostas innovadoras e necesarias

.Esta convocatoria, organizada polo CSCAE en colaboración con VETECO e IFEMA quere ofrecer un panorama alentador da arquitectura e a actividade dos arquitectos. Para iso, organízase unha exposición dos seus traballos en curso nunha mostra no marco do Salón Internacional da Construción de Madrid.


Arquitectura en positivo ofrece aos arquitectos:

VISIBILIDADE Y DIFUSIÓN mediante:

  • Unha exposición dos seus traballos en curso nunha mostra no marco do Salón Internacional da Construción de Madrid.
  • Unha mostra online dos traballos seleccionados.
  • A participación nun vídeo promocional.


Un PUNTO DE ENCONTRO con outros profesionais e axentes do sector no Salón Internacional da Construción de Madrid en IFEMA.

¿Que hai que facer para participar?

Remitir ao CSCAE as súas obras ou proxectos recentes para mostrar os traballos que están a desenvolver na actualidade.

Acceder ó formulario de inscrición e subida de documentación

Acceder ás bases da Convocatoria