Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

11/05/2012 | Formación

eHABILITA: "CURSO DE REHABILITACIÓN TÉRMICA"

O Proxecto eHabilita é unha iniciativa desenvolvida por Energylab que se enmarca no Programa empleaverde 2007-2013 da Fundación Biodiversidad e que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Este Proxecto ofrece formación presencial, on-line, un taller experimental, publicacións e asesoramento on-line, todos eles de carácter gratuíto.

Dentro da formacion presencial encontramos o "Curso de Rehabilitación térmica" que ten como obxectivo promover a aplicación de enerxías renovables nas vivendas, permitindo unha gran redución dos custos enerxéticos. Para eles analizarase cada tecnoloxía e a súa posibilidade de aplicación na rehabilitacón de vivendas. A acción terá unha duración de 40 horas e levarase a cabo entre os días 28 de Maio e 1 de Xuño na (EGAP) Escola Galega de Administración Pública, aula número 11, 1º planta, Santiago de Compostela.

Achegamos o folleto e o programa do "Curso de Rehabilitación térmica" ao obxecto de que poidades realizar difusión entre os vosos colaboradores, asociados e/ou colexiados, e nos que encontraredes información máis detallada sobre esta actividade exclusiva para o ámbito de Galicia, así como a dirección web do proxecto;
www.ehabilita.com.