Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

24/05/2012 | Formación

UTOPÍA PESCADERÍA. UNHA METODOLOXÍA PARA PENSAR A PAISAXE URBANA.

O MACUF (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa) organiza dentro dos seus Cursos e Talleres Artísticos 2012, o TALLER UTOPÍA PESCADERÍA: Utopía, realidade e xogo no barrio da Pescadería, Impartido por: MID estudo | RS arquitectos.


O taller pretende transcender as limitacións que impón a realidade e dende unaperspectiva utópica, utilizando o xogo como metodoloxía, reconceptualizar o paisajeurbano, tomando como obxecto de reflexión e acción o barrio de Peixaría de ACoruña.

Afondarase na circularidade das ideas de utopía, realidade e xogo. Estes tresconceptos están intrinsecamente ligados: a utopía no vacio é unha trangallada yactuar sobre a realidade sen propostas de cambio é un posición vacua, do mismomodo que a creatividade é sempre unha creatividade social, interactiva e orientada aínda horizonte que ha de exceder o servizo meramente funcional.

Tratarase, polo tanto, de repensar a relación entre espazo público urbano,naturaleza e paisaxe para definir o modelo da nosa cidade ideal.

Constará de sesións teóricas a cargo do profesorado, traballo de campo individual e traballo de aula realizado en equipos.

No traballo de campo cada alumno visitará o barrio de Peixaría para solicitar datos e realizar a súa propia análise. Na aula o profesorado actuará como facilitador dun proceso de posta en común da análise, conclusións e propostas que se deriven destas, traballos que se realizarán en equipo.

Os docentes establecerán un serie de limitacións nos medios de traballo e representación, coma se se tratase das regras dun xogo, co obxecto de explorar a diversidade de propostas posibles cando se someten a unha limitación metodolóxica.

Estas regras iranse desvelando paulatinamente ao longo das xornadas do curso, formulando así pequenos retos aos alumnos.

O curso concluirá coa elaboración dun documento resumo, a exposición pública dos traballos realizados por cada equipo e unha mesa redonda onde se debaterán estes.

Programa. -

Día 1 / análise

10.00-11.00 | Presentación do taller e definición de obxectivos
11.00-14.00 | Traballo de campo: visita ao barrio de Peixaría
16.00-17.30 | Sesión teórica
17.30-20.00 | Formación de equipos de traballo. Cada equipo poñerá en común a análise realizada polos seus compoñentes

Día 2 / conclusións e propostas

10.00-11.00 | Sesión teórica
11.00-14.00 | Exposición das análises realizadas por cada equipo
16.00-20.00 | Elaboración de Conclusións e propostas de acción por equipos

Día 3 / Documento e debate

10.00-14.00 | Elaboración de documento resumo da análise, conclusións e proposta realizadas
16.00-18.00 | Exposición pública das propostas realizadas por cada equipo
18.00-20.00 | Mesa redonda


taller_UTOPÍA_Información xeral

taller UTOPÍA_Inscrición

Comentarios

Me parece estupendo poder disponer de esta herramienta para transmitir con fluidez nuestras opiniones a las entradas. Mis felicitaciones.

Me parece estupendo poder disponer de esta herramienta para transmitir con fluidez nuestras opiniones a las entradas. Mis felicitaciones.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario