Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
27/06/2012 | Reunións
A Xunta Directiva de Lugo, convoca a tódolos colexiados desta Delegación a unha Reunión, o vindeiro xoves 05 de xullo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Delegación, sobre a nova Ordenanza reguladora das Inspeccións Técnicas de Edificación no Concello de Lugo.
Como xa foi informado con anterioridade o Concello de Lugo procedeu á modificación da Ordenanza sobre Conservación, Rehabilitación e Estado Ruinoso das Edificacións.
Esta ordenanza foi publicada no BOP o pasado 16 de xuño e entrou en vigor ó día seguinte.
Por todo elo considerábase oportuno ter unha Xornada técnica na delegación coa responsable do Concello de Lugo, que aceptou a nosa invitación.
Por este motivo, e de cara á celebración da Xornada, recórdase a posibilidade de remitir con antelación consultas á conta secretario.lugo@colexiodearquitectos.org.
Todas elas serán tidas en conta e aclaradas na Xornada a celebrar.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.