Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
06/07/2012 | Formación
O Curso pretende que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. A tal efecto partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.
PROGRAMA
O curso estrutúrase nos seguintes módulos:
-Módulo I: A escala territorial (44 horas teóricas e 44 horas prácticas)
-Módulo II: O planeamento urbanístico (44 horas teóricas e 44 horas prácticas)
-Módulo III: Xestión e disciplina urbanística (60 horas teóricas e 28 horas prácticas)
-Módulo IV: A ordenación do territorio e o urbanismo no Dereito Comparado (16 horas teóricas e 8 horas prácticas)
DATOS DO CURSO
CONSELLERÍA: Servizo EP EGAP
NOME: Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2012
ÁREA: Outros
CALIFICACIÓN: APROVEITAMENTO
HORAS: 350
ANO: 2012
MOD.IMPARTICIÓN: PRESENCIAL
RESPONSABLE: PORTELA SILVA , MARIA LUCIA [lucia.portela.silva@xunta.es]
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.