Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/07/2012 | Revista de prensa

LUIS FERNÁNDEZ-GALIANO: "Os novos arquitectos emigran obrigados polo estado deplorable da profesión"

O arquitecto e membro da Real Academia das Belas Artes de San FernandoLuis Fernández-Galiano, denunciou este mércores o "estado deplorable no que se encontra a profesión e a arquitectura en si mesmo, que atravesa momentos dificilísimos", o cal está a obrigar a que "todos os mozos teñan que saír fóra, porque non van ter traballo en España".

Durante a presentación da instalación Spain Mon Amour queFernández-Galiano dirixe para a próxima Bienal de Venecia, incidiu na mala situación do sector poñendo datos sobre a mesa: "A demanda pública case non existe, e a privada caeu ata o 10 por cento, pasando nuns anos dende 800.000 vivendas ata 80.000 proxectos o pasado ano, que en realidade remataron sendo 53.000 executados, co que o descenso é do 93 por cento,".

"Os despachos máis veteranos pechan e os que peor o pasan son os de mediana idade porque non teñen mobilidade. Por iso os novos arquitectos españois están a emigrar por todo o mundo. En Shangaien 2008 había 15 arquitectos e agora hai 300, traballando todos en inglés. Non é un drama, é unha aventura", formulou.

Precisamente por isto, Fernández-Galiano programou unha instalación diferente para a Bienal, na que participarán un total de 200 novos estudantes de arquitectura, a razón de 15 por semana. De feito, todo o presuposto que lles concederon para este proxecto vai integramente destinado a pagar a viaxe e aloxamento aos mozos, que a cambio traballarán sostendo as maquetas dos edificios e explicándoos aos visitantes.Esta exposición celebra os logros da arquitectura española recente, pero procura tamén reflectir a dramática situación actual da profesión. Na última década, os grandes investimentos públicos e o sistema de concursos permitiron a unha nova xeración construír un gran número de obras singulares repartidas por todo o país.

Aquí móstranse quince, en quince cidades diferentes, realizadas por dez arquitectos -sete varóns e tres mulleres, con idades comprendidas entre os 50 e os 55 anos- agrupados en cinco oficinas de Madrid, País Vasco-Navarra e Cataluña (Francisco Mangado,Mansilla e Tuñón, Neto Sobejano, Paredes Pedrosa e Rcr Aranda,PigemVilalta). Non obstante, as bases que permitiron esta floración de excelencia caéronse coa crise financeira, económica e fiscal iniciada en 2008.

Así as cousas, a instalación alude por un lado á iconografía clásica de personaxes mitolóxicos, santos, bispos, reis, patróns ou mesmo arquitectos que portan modelos a escala reducida das obras que promoven, deseñan ou doan.

Por outro, remite a performances contemporáneas -de SantiagoSerra a Ai Weiwei- onde o traballo subalterno se usa con intención crítica, pedagóxica ou solidaria. 'Spain mon amour' é dende logo a celebración dunha etapa, uns arquitectos e unhas obras, pero tamén unha elexía por un pasado que chegou ao seu termo, unha denuncia dun presente dislocado e un convite a pensar o futuro doutra forma.

LUIS FERNÁNDEZ-GALIANO: "Os novos arquitectos emigran obrigados polo estado deplorable da profesión"

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario