Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
18/09/2012 | Xornadas
XII ENCONTRO DE TORNEIROS EN GALICIA (XERMADE, LUGO)
21, 22 E 23 DE SETEMBRO DE 2012
Proponse mediante a realización dun workshop de tres días, a discusión entre os oficios da tornería e a arquitectura sobre o posible salto de escala e emprazamento das pezas que habitualmente propón o oficio tradicional da tornería, máis ligado por lóxica natural ás pezas de uso doméstico, cara o mundo da arquitectura e pezas de complemento para esta. Un salto que se propón tamén na avaliación da fabricación e discusión crítica para a posibilidade de formas-función cara aos campos complementarios da arquitectura no interior doméstico: Iluminación, ferraxes, mecanismos, celosías, etc.
O workshop organizarase temporalmente do seguinte xeito:
Venres (16:00 a 20:00 horas): Encontro, proposta inicial de grupos e achegamento á mirada do cambio de escala e forma-función dende a perspectiva das necesidades da arquitectura. Discusión critica entre os artesáns-arquitectos e alumnos do posible achegamento tendo en conta inconvintes e riquezas apriorísticas. Presentación por parte dos arquitectos dunha serie de exercicios base para interpretar e, replantexar no seu caso, en coordinación coas opinións e indicacións que os artesáns propoñan dende o ángulo da técnica e realización destes exercicios. Elaboración intuitiva e inmediatas de variantes propias dos alumnos dentro das lóxicas e familias de deseños propostas polos arquitectos e revisadas polos artesáns-torneiros.
Sábado (10:00 a 13:30 e 16:00 a 19:30 horas): Realización e discusión práctica cos torneiros dentro da execución das pezas pensadas e propostas no primeiro día. Visión crítica da riqueza da técnica xunto coa complexidade e limitacións para levar a realidade dende a técnica do torno as ideas preconcibidas. Posta en común intermedia por parte dos grupos das problemáticas e posibilidades de cada unha das áreas de traballo propostas.
Domingo (10:30 a 13:00 horas): Redacción e presentación de conclusións sobre a experiencia. Deseño común dun espacio-arquitectura que complemente todas as experiencias do taller, para facer saír aos alumnos da escala das pezas construídas cara a unha visión de conxunto e arquitectónico do feito-estudiado. Proponse deseñar no chan un espazo doméstico, a maneira do filme Dogville, en que cada peza ocupe o seu suposto lugar na arquitectura imaxinada á que serviría.
Coordinación: Marcial Rodríguez e Luis Gil Pita
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.