Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
27/09/2012 | Convocatorias
Colectivo Zuloark
Xoves 11 de outubro_ Lugo
“Xentes, espazos e lugares” é un programa relacionado co Proxecto Terra, de divulgación e formación non regrada promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia, dirixido á cidadanía en xeral, ademais de aos arquitectos.
O seu obxectivo é o de ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, convertíndose nun punto de encontro e reflexión no que poidan estar presentes todos aqueles que teñan cousas que dicir sobre o habitar, nos tempos actuais.
Estase a preparar para setembro e outubro, unha serie de encontros, debates, charlas e obradoiros que se levarán a cabo en distintas cidades da xeografía galega, con entrada libre para todos os interesados.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.