Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
25/09/2012 | Noticias
O inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe este "Edificio en Santo Domingo" de Eloy Maquieira.
Edificio en Santo Domingo
Autor: Eloy Maquieira Fernández
Ano: 1938
Dirección: Rúa Quiroga Ballesteros 22. CP: 27001. Municipio: Lugo
Memoria
Eloy Maquieira non só era un dos tres únicos arquitectos galegos que recibía regularmente a revista AC, senón que ademais contaba, posiblemente, coa mellor biblioteca de arquitectura moderna de Galicia. Nela figuraban, entre outros títulos, Vers une Architecture de Le Corbusier e unha monografía sobre Erich Mendelson. Sería precisamente o edificio Santo Domingo, o que se relaciona de forma máis directa coa corrente expresionista alemá representada por este último.
Mediante o tratamento das fachadas como unha serie de bandas onduladas superpostas, dos efectos de claroscuro que entre elas se xeran e da formalización dos ocos, o seu autor logra unha moderna sensación de movemento. A disposición dos piares de formigón organiza dun modo moi pragmático a planta en dúas bandas horizontais: a máis estreita e ligada á parede medianeira aloxa cuartos rochos e dependencias secundarias, na outra franxa dispóñense as pezas principais.
Celestino García Braña
DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: EDIFICIO EN SANTO DOMINGO
No caso que aprecieis erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.
Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.