Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

26/09/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: POBO DE COLONIZACIÓN DE MATODOSO

O inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe tamén un exemplo de urbanismo como o "Poboado de Colonización de Matodoso".


 

Pobo de Colonización de Matodoso

Autor: Alejandro de la Sota Martínez, Santiago García Mesalles e Miguel Ángel Leal Etchevarría

Ano: 1956

Dirección: Matodoso. CP: 27282. Municipio: Cospeito (Lugo)

Memoria

O Instituto Nacional de Colonización proxectou varios poboados na Terra Chá lucense para incentivar a produción agrícola na zona. Matodoso deseñouse como un centro dotacional, perfectamente delimitado e consolidado con igrexa, escola, locais comerciais, parada de autobús e centro cooperativo, mentres que as vivendas se distribuíron nun territorio amplo, vinculadas a amplas propiedades rurais. A racionalidade da proposta, lucidamente identificada coa realidade da explotación agrícola nesa zona de Galicia, súmase ás formas modernas de cada unha das pezas, tanto as dotacionales coma as propias vivendas e os seus espazos para os colonos e o gando.

A expresiva utilización de pezas de pedra en elementos significativos dos edificios dotacionales de Matodoso, a urbanización do espazo público que os relaciona e o deseño dos volumes, con cubertas inclinadas, sen aleiros e xeometrías simples, son recursos de deseño que aproximan as solucións modernas á identidade e tradición dos núcleos rurais típicos da zona.

A especial conformación do núcleo de equipamentos, sen contacto inmediato coas vivendas, ofrece un conxunto funcional, tipicamente moderno, no que os elementos expresivos son utilizados para diferenciar os diferentes usos dotacionales e facelos visibles na chaira paisaxe da zona, a través de elementos elevados, como o campanario, o depósito de auga ou os pombais. O continuo contraste entre as liñas compositivas horizontais das edificacións, pegadas ao terreo, e os esveltos elementos, de altura maior que a esperable, dotan o conxunto dunha singular personalidade formal.

Matodoso mostra a intelixente análise do medio co que os seus arquitectos abordaron o proxecto. Os ideais modernos conciliáronse co entendemento dunha realidade territorial, antiquísima, na que a dispersión é a forma de ocupación, determinada por valores culturais e económicos.

Fernando Agrasar


 

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: POBO DE COLONIZACIÓN DE MATODOSO


No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario