Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/10/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: CASA DE ROCA

O edificio que se inclúe na entrada de hoxe é a Casa de Roca, de Eloy Maquieira, que será obxecto ademais da colocación dunha placa commemorativa da Fundación do.co,mo.mo ibérico en colaboración co CSCAE.


Casa de Roca

Autor: Eloy Maquieira Fernández

Año: 1935/37

Dirección: Praza Maior, 6. CP: 27001. Municipio: Lugo

Memoria

Este edificio proxectado en 1935, segundo a licenza municipal conservada no Arquivo Provincial, sitúase nunha parcela triangular na intersección da praza de España coa rúa do Dr. Castro, en pleno centro do recinto amurallado de Lugo. Nesta posición significativa, a esquina convértese en todo un acontecemento formal, destacando o seu volume circular, a xeito de gonzo, potenciado á súa vez por unhas incisións practicadas na intersección co plano de fachada, o que proporciona ao «cilindro» unha maior autonomía formal. Destacan como trazo de modernidade as ventás, que, acompañadas por unha sinxela varanda metálica, resgan tanto o volume circular da esquina coma ambas as dúas fachadas, solución lóxica a partir da estrutura de formigón do edificio. Esta solución tamén se adopta no edificio lindante do mesmo arquitecto proxectado no mesmo ano, solución que volvería adoptar no edificio para Dona Ramona González tres anos despois e situado na rúa de García Camba de Pontevedra. Sorprende neste edificio o diferente debuxo das últimas plantas, sen que os diferentes argumentos que ata nós chegaron se puidesen concretar en datos fidedignos.

Celestino García Braña


DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: CASA DE ROCA


No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario