Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/10/2012 | Noticias

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: IGREXA PARROQUIAL SAN ANTONIO DE PADUA

A entrada de hoxe no inventario do Movemento Moderno na nosa provincia inclúe a "Iglesia Parroquial de San Antonio de Padua" de José Fernández del Amo Moreno, Irmáns Atienza (vidreiras), Eduardo; Carreteiro (retablos), Luis Vincent (imaxes), Canetero (Vía Crucis da Capela da Penitencia).

Igrexa Parroquial de San Antonio de Padua

Autor: José Fernández del Amo Moreno, Hermanos Atienza (vidrieras), Eduardo; Carretero (retablos), Luis Vincent (imágenes), Canetero (Vía Crucis de la Capilla de la Penitencia)

Año: 1961

Dirección:  Calle Tui, 15. CP: 27004. Municipio: Lugo

Memoria

Trala construción da igrexa da Santa Cruz en Incio (1961), Fernández del Amo recibiu ao ano seguinte o encargo da construción da igrexa parroquial de San Francisco nunha área de recente expansión da cidade de Lugo. O amplo programa incluía un templo para cincocentos fieis, centro parroquial e salón de actos. A parcela asignada posúe un forte desnivel que o arquitecto resolveu cunha plataforma na que se situou o salón de actos, hoxe utilizado como garaxe de aluguer, e o resto dos espazos. Esta plataforma permite a conformación dun adro elevado ao que se abre un pórtico lonxitudinal, en cuxos extremos se achan a torre e a igrexa, deixando o centro aberto a un xardín dende o que se accede ás dependencias parroquiais.

Hoxe o edificio non pode apreciarse no ámbito de espazos públicos e edificacións de altura media, previstas polo seu arquitecto. A torre, de case trinta metros de altura, non é xa un fito na paisaxe urbana. Fernández del Amo expresou así esta circunstancia: «o edificio encóntrase sufocado por construcións de altura que ocupan o que sempre debeu respectarse como zona axardinada [...]. Nunca pensei que a torre competise cos bloques de vivendas».

Fernando Agrasar

DMA 2012. REXISTRO DO.CO,MO.MO. MOVEMENTO MODERNO EN LUGO: IGREXA PARROQUIAL SAN ANTONIO DE PADUA

No caso que apreciedes erros ou puiderades achegar novos datos ou imaxes de interese pregámosvos remitádelas á conta: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou mediante o apartado de comentarios incluído nesta páxina.

Agradecémosvolo e, con sumo interese incorporarémolas á presente entrada.

Comentarios

Pobre Fernandez del Amo, mucho tiempo después hasta las torres de la catedral luchan por hacerse visibles entre la tormenta edificatoria de los aberrantes estudios de detalle y el verde paisaje de las cuestas del Parque de Rosalía queda en un segundo plano superado por la enorme y vergonzosa mole edificada del Garañón. Todo puede ser superado pero Fernandez del Amo afortunadamente no lo verá. Su maravillosa iglesia queda ahí para disfrute de todos nosotros en esta ciudad donde tenemos tan escasos ejemplos de Arquitectura de calidad.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario