Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/12/2012 | Formación

FORMACIÓN COAG LUGO. "Oportunidades de Negocio en Institucións Financeiras Internacionais. "

No marco da constante preocupación do Colexio de Arquitectos de Galicia por buscar ou abrir, na medida das súas posibilidades, vías de traballo para os seus colexiados, organízase na delegación de Lugo unha formación de iniciación práctica sobre as oportunidades de acceder a proxectos fomentados polos cada vez mais numerosos Organismos Multilaterais tal coma a UE, os Bancos de Desenvolvemento e Nacións Unidas.

Estas oportunidades non está ó alcance dun limitado número de profesionais senón que existen proxectos de variable escala que pasan desapercibidos pola maioría dos colexiados e que acaban sendo realizados por profesionais de campo próximos.

Ademais de supor unha oportunidade para o noso colectivo tamén cabe salientar que estes organismos perseguen promover o desenvolvemento económico e social e reducir a pobreza.

 

FORMACIÓN PRESENCIAL:

Oportunidades de Negocio en Institucións Financeiras Internacionais.

Identificación, selección e licitacións de proxectos de arquitectura multilaterais.

PONENTE:                  Pablo Juliá Vial

INICIATIVA:               COAG – Delegación de Lugo

LUGAR:                      Sede Delegación de Lugo

Rúa Puro Cora xornalistas, 1 - 27002, Lugo

FECHA:                      18 de decembro 2012

HORARIO:                 16:00 – 20:00

AFORO MÁXIMO:    75 Persoas (capacidade do salón de actos)

ENTRADA:                  10€

CERTIFICADO:          Entrega certificado ao final da formación.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario