Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/01/2013 | Noticias

ENCONTRO DELEGACIÓNS COAG DE FERROL E LUGO

Os arquitectos de Ferrol e Lugo inician unha etapa de colaboración

As delegacións de Ferrol e Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebraron onte un acto de irmandamento coincidindo coa celebración de San Julián, patrón da cidade naval e data na que se conmemoran tamén os vínculos con Lugo.

Os presidentes de Ferrol e Lugo, Xosé Manuel López Leira e Raúl Veiga, respectivamente, avanzaron onte o seu interese por desenvolver actividades conxuntas para todo o territorio do norte das provincias da Coruña e Lugo. O responsable lucense indicou que o obxectivo é tamén poñer de manifesto a nosa capacidade de atender ao usuario presencialmente xuntando esforzos, porque a problemática e o modo de proceder son moi similares. Recordou neste sentido que moitos arquitectos que traballan na costa de Lugo teñen mesmo máis relación coa delegación de Ferrol que coa súa polo que se trata, dixo, de "teatralizar, no bo sentido" unha acción común.

Colaboración

Miguel Reimúndez, secretario da entidade ferrolana, indicou que na actualidade no Colexio se tende a unha relación radial, da central ás delegacións. Fronte a este modo de proceder, Ferrol e Lugo abandeiran a colaboración entre as diferentes sedes, " porque vos arquitectos 'residen nas delegacións'.

Estes responsables incidiron en que a sede coruñesa é a máis grande porque contar coas escolas de arquitectura ten "un efecto catalizador, todos se inscriben alí independentemente de que logo traballen noutros sitios". López Leira, pola súa banda, insistiu en que as delegacións son entidades de dereito público, non organismos corporativos nin pechados, temos que relacionarnos co territorio, coas institucións e asociacións e tamén coa cidadanía en xeral, apuntou.

Co obxectivo de "dar voz e certa autonomía" a esta zona, a intención de ambas as dúas sedes é unificar recursos. A delegación dispón en Lugo de todo un edificio que agora pon a disposición dos seus compañeiros de Ferrol.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario