Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
19/03/2013 | Noticias
A Fundación presenta o programa cultural ARQUIA/filmoteca, un servizo de visionado online gratuíto de audiovisuais do ámbito da arquitectura destinado a arquitectos, estudantes de arquitectura e entidades do sector.
O novo programa cultural constitúese como marco de referencia online, promoción e difusión do feito arquitectónico, dando valor aos documentos audiovisuais sobre arquitectura e os arquitectos, mostrando a súa dimensión creativa, cultural e social.
ARQUIA/filmoteca diríxese principalmente aos profesionais, estudantes e institucións do sector que, logo de acreditación na plataforma da fundación, poden acceder ao visionado online gratuíto mediante streaming dende calquera dispositivo: iOs (Mac, iPad, iPhone) ou Android (Pc, tablet, smartphone).
O catálogo online dispoñible, de renovación anual, presenta as obras en versión orixinal (v.o.) e organízase en tres seccións temáticas:
DOCUMENTAIS: obras cinematográficas, fundamentalmente de non ficción, de ámbito internacional.
CONFERENCIAS: audiovisuais de conferencias e mesas redondas realizadas polos Colexios de Arquitectos e Escolas de Arquitectura españois, así como outras institucións culturais afíns ao sector, bienais ou congresos.
COOPERACIÓN: destinada á divulgación de audiovisuais sobre accións de cooperación no ámbito da arquitectura, realizadas por ONGs, fundacións afíns e entidades sen ánimo de lucro.
O programa aberto de actividades e servizos da filmoteca, de actualización constante, presentará ciclos documentais e a retransmisión en directo/diferido de eventos sobre arquitectura, así como o servizo de "Solicitude de Proxección en Salas" que permite ás salas non comerciais (entrada gratuíta) de institucións culturais a emisión dalgúns dos documentais publicados na colección de dvds ARQUIA/documental
ARQUIA: FILMOTECA ONLINE DE ARQUITECTURA
Una opción muy interesante y divertida para pasar estos lluviosos dias de "meditación". ¡Gracias¡
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.