Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
26/04/2013 | Circulares
En relación coa convocatoria das eleccións previstas para o día 19 de xuño, anunciadas mediante a circular colexial de Secretaría Nº 15-2013, trasládase a seguinte información en canto á configuración do listado de electores:
Listas provisionais:
Conforme ao indicado no art. 54.2 dos Estatutos, no día de hoxe fixéronse públicas as listas provisionais de electores que poderán participar nas eleccións do próximo 19 de xuño, que se poderán consultar dentro do prazo de reclamación, estando dispoñibles no portal corporativo colexial.
Reclamacións:
En caso de desexar formular reclamacións sobre inclusións ou exclusións nas listas provisionais, estas deberán obrar na Secretaría colexial antes das 14:00 horas do día 8 de maio, por escrito ou remitindo un correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org
As reclamacións presentadas serán resoltas pola Xunta de Goberno na mesma sesión na que se acorde a admisión de candidaturas, prevista para o día 16 de maio. As listas de electores, configuradas unha vez resoltas as reclamacións, serán difundidas entre os colexiados para a súa verificación, e poñeranse a disposición das candidaturas proclamadas.
Electores:
Serán electores os colexiados da Delegación de Lugo de alta no momento da convocatoria e non suspendidos dos seus dereitos.
Neste sentido, indícase que a baixa colexial supón a perda do dereito de sufraxio activo, polo que os colexiados que soliciten e obteñan a baixa con posterioridade á convocatoria de eleccións, non poderán participar nas mesmas. Isto aplicarase ás solicitudes de baixa que cumpran todos requisitos e sexan ratificadas mediante o acordo colexial correspondente.
Así mesmo, os colexiados que se atopen suspendidos non terán dereito de sufraxio activo, en tanto non regularicen a súa situación, polo que os colexiados aos que suspensión lle sexa levantada antes da xornada electoral, serán incorporados ao censo electoral.
As variacións que se produzan no censo electoral polas cuestións referidas, serán comunicadas oportunamente aos candidatos.
Censo actualizado:
No portal corporativo colexial incluirase un apartado informativo sobre o procedemento electoral, no cal figurarán, entre outras cousas, a convocatoria e o listado provisional de electores durante o prazo de reclamación.
A medida que avance o proceso electoral iranse incluíndo outros documentos nese apartado, entre os que se incluirá un listado do censo actualizado en función das variacións que se vaian producidos en atención a reclamacións, tramitación de baixas e suspensión de colexiación antes da celebración dos comicios.
O referido apartado informativo está dispoñible no seguinte enlace do portal corporativo colexial: http://www.coag.es/categorias/Novedades/2013/eleccionessecretariolugo/
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.