Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
22/06/2013 | Convocatorias
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia aposta por unha política dirixida aos mozos arquitectos de cara a facilitar a súa carreira profesional e experiencias laborais no estranxeiro, por este motivo, grazas á colaboración do COAM, realizáronse xestións que cristalizaron na obtención de 3 bolsas Leonardo que se asignarán entre aqueles de nosos colexiados que resulten seleccionados.
É unha boa oportunidade de realizar un período de traballo en prácticas en empresas e despachos de arquitectura dos diversos países europeos, dentro do marco do proxecto "Cornelius Hertling 2012-2013" financiado polo Programa Europeo Leonardo.
Os seleccionados terán a oportunidade de traballar en despachos de arquitectura de calquera país da Unión Europea. A bolsa, de 26 semanas de duración, axuda economicamente nos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención para toda a estanza, incluíndo ademais un seguro de viaxe e formación en idiomas a nivel profesional.
máis información:
http://www.coag.es/categorias/Novedades/2013/privado/becasleonardo/
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.