Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
14/11/2013 | Formación
O pasado xoves 17 de outubro 2013, tivo lugar na delegación de Lugo do COAG, unha Xornada sobre o tema ARQUITECTURA E ILUMINACIÓN - PROXECTAR A LUZ COMO VALOR CUALITATIVO DA SOCIEDADE organizada pola Comisión de Cultura de Lugo do COAG e impartida por Josep Masbernat, Director Técnico de iGuzzini Ibérica s.a.
Na ponencia trataronse consideracións sobre a proxectación luminotécnica, aspectos cuantitativos vs. aspectos cualitativos, valores da innovación tecnolóxica e expuxéronse distintos exemplos de realizacións onde a luz estudiouse para ser protagonista de diferentes ambientes.
Ao termo da Xornada, iGUZZINI accedeu xenrerosamente a facilitar os documentos presentados para que asistentes, ou non, puidesen consultalos ou baixalos. Encontraredes ditos documentos nas pezas adxuntas a esta noticia.
nota: Por limitacións do aloxamento web os arquivos adxuntos non poden superar os 4000Kb, por iso foi necesario a súa división en partes.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.