Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/12/2013 | Noticias

nota importante HNA

Nota importante: Coberturas HNA que desaparecen.

 

"Como precisión ao xa informado respecto ás outras ofertas de seguro de saúde, cremos importante aconsellar aos colexiados afiliados a HNA a que se informen das modificacións que se producirán nas súas coberturas de saúde a partir do 01/01/2014 e que, ante a falta de transparencia con que HNA actuou neste asunto, non se conformen con explicacións verbais, senón que se pidan os condicionados, xa que estes desapareceron da páxina web, como vos comentamos, así como o Regulamento do Sistema Prestacional e os Estatutos.

 

E que revisada con máis atención a documentación da última Asemblea Xeral, as coberturas máis importantes que desaparecen son:

 . Axudas para minusvalía.

 . Axudas para xeriatría.

 . Axudas para desprazamentos.

 . Internamentos de enfermos de longa duración.

 . Internamento hospitalario de enfermos terminais.

 . Hormona do crecemento.

 . Medicamentos.

 . Medicina alternativa.

 . Transplantes de calquera órgano; só córnea, ril e medula.

 

Así como restricións e axustes noutras coberturas, como por exemplo só se cubrirá fisioterapia a través de cadro médico e non por reembolso de gastos.

 

-Tamén aconsellamos aos que recibiron cartas coa recomendación de cambiar a Néctar que vos expliquen ben que é iso e se lles vai servir de algo vivindo en Lugo cos cadros médicos que ten, ou máis ben que non ten. ¿Por que non aparece Néctar na páxina web de HNA?

Resulta cando menos inquietante que, segundo información achegada por algúns colexiados persoalmente, só recomendan o cambio a esta póliza de Néctar a anciáns e enfermos, aos que, despois de pagar toda a vida, os están a invitar a marchar con descomunais incrementos de cotas, deixándoos desprotexidos cando máis o necesitan. Esta é a sensibilidade de HNA cos que a crearon e axudaron a crecer.

 

Ante estes acontecementos é polo que dende esta delegación en Lugo se solicitaron propostas a outras compañías para que os colexiados teñan alternativas axeitadas ás súas necesidades, con prezos especiais ao noso colectivo e cidade.

 

 

 

Por certo, coa sorpresa de ter encontrado nunha delas á que foi nosa asesora en HNA durante tantos anos, como podedes ver na documentación achegada en noticias anteriores,".

 

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario