Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/03/2014 | Noticias

A Delegación de Lugo albergará a biblioteca do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A Delegación de Lugo albergará a biblioteca do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 

Como resultado das xestións derivadas do "Plan de Inmobles COAG", chegouse a un acordo para o aluguer das Oficinas Centrais. Para iso é necesario liberar os espazos existentes do inmoble incluíndo a biblioteca.

Tal e como podemos ler na CIRCULAR nº12 do 21 de marzo, tras reflexionar acerca deste tema, e tras considerar a perdida de valor que supoñería a cesión dos fondos da biblioteca a outros organismo ou administracións, parecía máis razoable protexer o noso patrimonio bibliotecario e mesmo o potenciar. Considerábase obrigatorio que este permanecese en instalacións colexiais. Dentro delas, a única que ten capacidade para aloxar nosa biblioteca colexial é o edificio da delegación de Lugo.

 

Deste xeito, a Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2014 do 26 de febreiro, adoptou o seguinte acordo:

"TRASLADAR OS FONDOS DA BIBLIOTECA DO COAG, ACTUALMENTE DISPOÑIBLES NAS ANTIGAS OFICINAS CENTRAIS DO COAG, Á DELEGACIÓN DE LUGO. ESTE TRASLADO AFECTA Á TOTALIDADE DE FONDOS E AO PERSOAL ADSCRITO A ESTE ÁREA. "


Dende a Delegación de Lugo celebramos esta decisión, que permitirá que, ao mesmo tempo que dar servizo aos colexiados, a Delegación e polo tanto o Colexio, ábranse á sociedade sen romper a dispoñibilidade desta a investigadores e profesionais e a todo cidadán que o solicite.

 

 

 

foto de portada: Kico Lopez (Panoramio)

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario