Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

06/05/2014 | Convocatorias

[HNA] Asemblea Previa á Asemblea Xeral nº77

HNA acordou convocar Asembleas Previas á Asemblea Xeral n.º 77, que se celebrará o día 22 de maio de 2014, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, no CENTRO DE CONVENCIÓNS DO HOTEL NOVO MADRID (Rúa Bausá, n.º 27- Madrid), en cada unha das provincias e cidades autónomas, entre elas a nosa de Lugo, a celebrar o próximo día 12 de maio de 2014 ás 18:00 horas, nas nosas instalacións de Puro Cora Xornalistas, 1, co seguinte

 

Orde do Día

 

1. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais e informe de xestión da Mutualidade correspondente ao exercicio 2013, así como das contas anuais e informe de xestión consolidados do Grupo hna, formado pola Mutualidade e as súas sociedades dependentes, igualmente correspondente ao exercicio 2013.

 

2. Nomeamento de auditores para auditar as contas anuais e informe de xestión da Mutualidade e do seu grupo consolidado, correspondente ao exercicio 2014.

 

3. Proposta de aplicación de resultados do exercicio 2013.

 

4. Presentación do Informe acerca do grao de cumprimento por parte da Mutualidade do Código de Conduta sobre Investimentos Financeiros Temporais, de conformidade coa Orde 3721/2003 do 23 de decembro do Ministerio de Economía.

 

5. Remuneración do Consello de Administración.

 

6.Rogos, preguntas e proposicións. (*)

 

7. Lectura e aprobación da acta.

 

A esta Asemblea asistirá o noso representante provincial, o compañeiro Xosé Lois López Otero, quen recollerá as propostas, queixas e iniciativas que se queiran transmitir a esta entidade.

 

Recordamos aos mutualistas desta entidade, e noutra orde de cousas, que o acordo que tiña HNA de colaboración co COAG esgotouse e caducou, segundo eles mesmos nos comunicaron oportunamente dende o mes de marzo dos correntes, polo que o servizo de atención persoal que ofrecían nas nosas instalacións pasa a ser de interese discrecional ao colexiado que así llo solicite á devandita entidade ou aos seus representantes.

 

Ata que non se estableza o novo acordo marco non se ofrecerá de modo regular nas nosas instalacións o devandito servizo.

Comentarios

Como representante do colectivo de arquitectos de Lugo en HNA e dado as escasas ocasións que temos de falar quero pediros a asistencia a esta asamblea non soio para falar do orde do dia mais tamén para falar da situación do sistema de previsión social (a nosa xubilación)e do sistema de asistencia sanitaria. Coido que merece a pena.

Como representante do colectivo de arquitectos de Lugo en HNA e dado as escasas ocasións que temos de falar quero pediros a asistencia a esta asamblea non soio para falar do orde do dia mais tamén para falar da situación do sistema de previsión social (a nosa xubilación)e do sistema de asistencia sanitaria. Coido que merece a pena.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario