Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

06/10/2014 | Delegación de Lugo

O día Mundial da Arquitectura na Delegación de Lugo do COAG. Charla coloquio

CIDADES SAUDABLES, CIDADES FELICES

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2014

 

O 6 de outubro de 2014 tivo lugar o Día Mundial da Arquitectura e nesta ocasión o fué baixo o lema "Cidades saudables, Cidades felices". A UIA invita os seus membros a organizar actividades relacionadas co evento que resalten o papel do arquitecto e da arquitectura na vitalidade dos asentamentos urbanos e o benestar dos seus habitantes.

Como poden deseñar os arquitectos e construír espazos, instalacións, vivendas e Paisaxes urbanas "saudables" que fomentan a felicidade, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns?

Por que medios os arquitectos son capaces de dar vida ás cidades, para infundirlles enerxía, para asegurar a súa viabilidade, para tratar e anticipar trastornos, para evitar a desintegración, para acompañar o seu desenvolvemento harmonioso?

O deseño arquitectónico responsable puxo de relevo o papel do arquitecto e as súas responsabilidades para deseñar un ámbito construído sostible a través dunha práctica profesional ética nas áreas de enerxía, a execución e materiais.

O tema deste ano para o Día Mundial da Arquitectura 2014 foi concibido pola UIA para ilustrar a expansión destas prácticas e o seu impacto no espazo urbano, así como en toda a cidade.

 

"Cidades saudables, cidades felices". Novas formas de entender a cidade:

O Día Mundial da Arquitectura na delegación de Lugo do COAG.

charla coloquio:

20:00h do 8.10.14, Delegación en Lugo do COAG, charla coloquio con Ana Goy Diz, profesora de Historia da Arte de USC en Lugo

Con motivo do Día Mundial da Arquitectura e baixo o lema deste ano, formulamos dous temas de reflexión sobre a nosa cidade a través de dous proxectos contrapostos: o das Casas Baratas da Colonia Miño e o de Muralla Limpa, formulacións substanciais da fisionomía urbana de Lugo, co obxectivo de facer desta urbe unha cidade máis saudable e mellor planificada..., ou iso intentaron.

 

 

 


"a Colonia Antonio Miño Seoane (Casas Baratas), a nosa Ciudade Xardín"

Foi durante a Segunda República cando en Lugo xurdiron as primeiras propostas de renovación e transformación urbana, de acordo cos presupostos do Movemento Moderno, que defendía un novo concepto de cidade, e de igual xeito que aconteceu noutras moitas capitais de provincia, púxose en marcha a planificación do primeiro gran barrio extras muros, nas proximidades do Camiño Vello, actual Camiño Real, entre a Porta da Rúa Nova e a do Bispo Odoario. A proposta tivo o mérito de que se concibiu como un proxecto urbanístico integral que contemplaba o trazado das novas rúas e das redes de luz, auga e rede de sumidoiros antes da construción das edificacións. Estas concibíronse como vivendas independentes ou pegadas coas súas correspondentes parcelas axardinadas que se configuraban as mazás regulares que xurdiron como consecuencia do trazado hipodámico das rúas. Así a arquitectura convivía coa natureza na busca dun equilibrio harmónico que permitise ao home vivir en paz. Sen dúbida, a Colonia Miño, foi todo un proxecto no que os aires da modernidade resultaban patentes, fronte á arquitectura decimonónica que aínda seguía tendo un forte predicamento entre as nosas xentes.

As casas baratas foron unha iniciativa republicana, destinada a proporcionar vivendas alcanzables a cidadáns de non moi boas condicións económicas.Este proxecto, deseñado por Eloy Maquieira, desviouse en certo modo desa idea, pois a súa execución coincidiu practicamente co estalido da Guerra. A promoción levouna a cabo o falanxista Antonio Miño, profesor dos Maristas, e as vivendas vendéronse ata un prezo de 30.000 pts. as máis caras, é dicir, as que non están pegadas. Gozaron de facilidades crediticias e o proxecto orixinal formulaba unha cidade-xardín que chegaría coas súas instalacións ata case a beira do río.

Na actualidade mantense a traza orixinal tanto urbana como edificatoria, a pesar das múltiples intervencións, testemuña dunha formulación de cidade que a memoria social espontaneamente soubo manter e prestigiar.

 

 

"a Operación Muralla Limpa de 1971 e a saude de un monumento"

Cun criterio ben distinto, que poderiamos acusar de profiláctico, aínda que tamén contivese tentes especulativos, xurdiu nos anos cincuenta do século XX, o proxecto Muralla Limpa (1953-72) co obxecto de limpar e recuperar a muralla a partir da eliminación de todo o casarío que entre os séculos XVI ao XX se fora pegando a cerca, ocultándoa ata case conseguir que os cidadáns perdesen a evidencia da súa existencia. Así, impulsado polo Concello que contou para este proxecto co beneplácito de todas as institucións garantes do patrimonio, como a Dirección Xeral de Belas Artes, a Comisión de Monumentos... elimináronse todas esas edificacións que ao longo dos séculos foran xurdindo arredor da muralla e se conseguiu a través das reconstrucións realizadas, a revalorización do Monumento, iniciándose deste modo un proceso que en certo xeito culminou no ano 2000, cando se conseguiu a inclusión da muralla na Lista de Patrimonio Mundial.

Non obstante, máis de corenta anos despois da finalización das obras, quizais debamos formularnos se esa intervención foi acertada, se a operación indiscriminada ao que se someteu a muralla non foi excesiva e se no camiño non perdemos unha parte importante dese patrimonio inmoble que durante máis de trescentos anos estivera a convivir co monumento. Conservamos unha rica documentación gráfica, como son as innumerables fotos e postais da época, así como cada un dos alzados dos inmobles que se derrubaron, que foron debuxados polos arquitectos Efrén e José Luis García Rodríguez e incorporado ao Plan Parcial de Ordenación Urbana do Recinto Amurallado (1963). Talvez, non haxa unha resposta única a esta reflexión, polo precario rigor con que foi acometida esta operación, e a ousada " re-construción" a que foi sometida a muralla, que en todo caso supuxo a súa porta en valor, pero sen dúbida con iso estamos a contribuír a difundir o coñecemento deste monumento Patrimonio da Humanidade.

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario