Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
16/10/2014 | Plameamento
Deuse a coñecer o Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia, que se pode consultar en www.cmati.xunta.es/disposicions
A Comisión de Urbanismo da delegación en Lugo do COAG convoca a creación dun GRUPO DE TRABALLO para debater e achegar comentarios e suxestións sobre esta nova Lei do Solo de Galicia, que serán posteriormente recollidos para a súa integración na achega que o COAG realizará ante a CMATI, polo que inicialmente se quere coñecer cantos colexiados estarían interesados en participar nel.
Para iso solicítase aos colexiados de Lugo comuniquen a súa intención de participar no devandito grupo de traballo na dirección secretario.lugo@coag.es co seu nome e número de colexiado, en prazo ata o día 25.10.14 para, sobre unha presentación do Anteproxecto e unha comparativa coa Lei vixente, redactar as nosas propostas de participación segundo un calendario que se comunicará na data límite indicada anteriormente.
¿En qué fechas más o menos están previstos los encuentros de trabajo?
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.