Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/12/2014 | Celebracións

Felicitación de Nadal da Directiva da Delegación de Lugo do COAG

Este ano foi un ano de esforzo de todos.

O Colexio que nos soubemos crear e coidar grazas a iso, nesta travesía do deserto que nos tocou pasar, permanece nun novo rumbo no que entre todos seguiremos orgullosos desta institución que segue sendo nosa e para nós.

Esta Xunta Directiva quere darvos as grazas pola vosa paciencia e comprensión, pola vosa xenerosidade dende Lugo para con todo o colectivo galego de arquitectos, por ter sempre para todos os traballadores palabras amables e de ánimo e por non renunciar á grandeza e compromiso dun traballo no que cremos.

Grazas; felices festas coas vosas familias e amigos, e toda a ilusión para un Novo Ano cheo de traballo e... Arquitectura. Da boa, como sempre...

...os desexan os vosos compañeiros de Xunta Directiva da delegación en Lugo do COAG.

 

 

A imaxe que acompaña: "Nosa Señora de Belén na súa fuxida a Egipto, versión libre dos traballadores da delegación de Lugo, baixo a maqueta do noso edificio."

 

 

 

 

Comentarios

Comparto as felicitacións navideñas e os bos desexos para o novo ano que está a chegar, mais non o orgullo por este Colexio de novo rumbo marcado cun compás coido que escachado.

Comparto as felicitacións navideñas e os bos desexos para o novo ano que está a chegar, mais non o orgullo por este Colexio de novo rumbo marcado cun compás coido que escachado.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario